Principios sobre privacidade de datos

Os seguintes cinco principios proveñen do Mozilla Manifesto e explican como nos:

  • desenvolvemos os nosos produtos e servizos
  • xestionamos os datos dos usuarios que recollemos
  • seleccionamos e interactuamos cos nosos socios
  • definimos a nosa labor de activismo e políticas públicas
  1. Sen sorpresas

    Usamos e compartimos a información de forma transparente e en beneficio do usuario.

  2. Control por parte do usuario

    Desenvolvemos produtos e promocionamos as mellores prácticas para que os usuarios poidan ter o control dos seus datos e da súa experiencia en liña.

  3. Recollida de datos limitada

    Só recollemos o que necesitamos, tentando, cando é posible, facer anónimos os datos recollidos e borrándoos cando xa non son necesarios.

  4. Parámetros razoables

    Deseñamos para lograr un coidado equilibrio entre a seguranza e a experiencia do usuario.

  5. Defensa a conciencia

    Mantemos controis e prácticas de seguranza a distintos niveis, a maioría deles poden comprobarse publicamente.