Xa estiveres procurando un navegador rápido ou unha tecnoloxía independente que protexa a túa privacidade, esta listaxe de preguntas frecuentes está aquí para responder as dúbidas do Firefox máis urxentes.
The Firefox Browser, the only major browser backed by a not-for-profit, helps you protect your personal information. Learn more about the Firefox Browsers and other products.
Velaquí podes descargar o navegador Firefox para escritorio facilmente. O Firefox funciona en dispositivos Windows, Mac e Linux e tamén está dispoñíbel para Android e iOS. Asegúrate de estares a descargar o noso navegador nunha das nosas páxinas de confianza de Mozilla ou Firefox.
Yep! The Firefox Browser is free. Super free, actually. No hidden costs or anything. You don’t pay anything to use it.
Preguntas relacionadas: o Navegador Firefox é gratuíto, o Firefox custa diñeiroNon, non pensamos que o Chrome sexa mellor que o Firefox xa que cando a xente pregunta cal é o mellor navegador, están a pensar en cal é máis rápido e máis seguro. O Firefox actualízase mensualmente para garantir que teñas o navegador mais rápido e que respecte automaticamente a túa privacidade.
Preguntas relacionadas: é o Firefox mellor do que o Chrome, é o Firefox mellor do que o Google, é o Firefox máis seguro do que o Chrome, é o Firefox máis privativo que o ChromeProtexer a túa privacidade é a nosa principal prioridade. Desta forma, asegurámonos de que a instalación do Firefox nos teus dispositivos sexa totalmente segura. Con todo, ten a certeza de o estar a descargar dun sitio web Mozilla ou Firefox de confianza, como a nosa páxina de descargas.
Usar Firefox non só é seguro, tamén axuda a protexer a súa información privada. Navegador Firefox bloquea automaticamente rastrexadores de terceiras partes, rastrexadores de redes sociais, mineiros de criptodivisas e identificadores de pegada dixital, e evita que recollan os seus datos. Descubra máis sobre a privacidade dos nosos produtos.
Preguntas relacionadas: o Firefox é bo para a privacidade, o Firefox é seguro, o Firefox é mellor para a privacidadeO Firefox non é lento… agora. En 2017, reconstruímos completamente o noso mecanismo de navegación (chamado Quantum) para garantir que o Firefox puidese competir cos outros principais navegadores. Alén diso, os nosos bloqueadores de rastrexadores permiten que as páxinas carguen aínda máis rápido. Polo tanto, o Firefox vai a fume de carozo e non sacrifica para nada a túa privacidade.
O Firefox non está baseado no Chromium (proxecto de navegador de código aberto que é o núcleo do Google Chrome). O certo é que somos un dos últimos principais navegadores que non o está. O Firefox execútase no noso motor de navegación Quantum, deseñado especificamente para o Firefox. Así, podemos garantir que os teus datos sexan tratados con respecto e continúen a ser privados.
O Google é o motor por defecto no Firefox, o cal significa que podes buscar na Internet directamente desde a barra de enderezo web. Descubre máis sobre as preferencias e as mudanzas por defecto do noso motor de busca.
O Firefox é desenvolvido pola Mozilla Corporation, unha filial que pertence integramente á Fundación Mozilla, unha fundación sen fins lucrativos que se guía polos preceptos do Manifesto Mozilla. Velaquí podes descubrir máis sobre o creador do Firefox.
Preguntas relacionada: quen é o propietario do Firefox, quen é o propietarios do Navegador Firefox, é o Firefox propiedade de Google, é MozillaFirefox propiedade de Google